60 anos adicados íntegramente a Galicia

Roberto Martínez é un home de falar repousado, tímido fronte ás cámaras e sen ningún tipo de afán protagonista. Unha persoa que se solta segundo pasan os minutos, sempre prudente co que di e con moito aprecio cara todos os que lle demostraron co tempo ser merecedores da súa confianza.

Moi posiblemente a súa labor non quedará reflexada na Internet, tampouco nos libros de historia da colectividade galega da Arxentina, pero do que estamos seguros e de que cada unha das ordes e pasos que deu este galego marcaron o presente e futuro dun dos buques insignia da colectividade galega na diáspora.

¿Que cal foi a súa fazaña?

Ser o xerente xeral do Centro Galicia de Bos Aires  durante 60 anos.

«En total, dende que ingresei no antigo Centro Lucense e ata o día en que me retirei sumaron 60 anos de traballo ininterrompido e de convivir diario cos galegos da Arxentina», contou.

20160819_115323Comezou como administrativo e ano e medio despois, en 1956 e con só 24 anos, foi designado xerente xeral do Centro Lucense.

«Había un pouco de resistencia pola idade, por ser moi novo, por non ter experiencia», confesa.

Pero con «toda unha vida» adicada  a un dos grupos étnicos de máis peso na conformación de Bos Aires e da Arxentina puido demostrarlle a quenes o apoiaron de novo que non se enganaban coa elección.

Sempre na sombra, viviu a fusión do Centro Lucense cos outros tres centros provinciais (A Coruña, Ourense e Pontevedra).

A súa firma era determinante e os seus consellos aceptados por xente dunha e outra posición política, porque ninguén mellor ca él coñece o funcionamento deste xigante galego da Arxentina.

Martínez criouse cos seus primos, sobriños da súa nai, a quen esta galega coidou en Bos Aires coma se dos seus fillos se tratase ata que poideron independizarse. Era o habitual naquel tempo onde era preciso un contrato de traballo ou o chamado dun familiar residente no país para poder ingresar.

Esa característica de axuda e solidaridade segue viva hoxe no carácter acolledor e familieiro dos arxentinos.

«Se es galego, es da familia», din moitos.

Dende cativo estivo vinculado á colectividade polo que nunha época de forte emigración galega cara o país austral recorda con claridade a importancia que tiña cada unha das pequenas institucións que existían na que hoxe se coñece como a Quinta Provincia.

«O que buscaban os paisanos era un lugar onde trasladar ese vínculo que tiñan con Galicia. Pero tamén un xeito de traer as súas festas aquí, de reunirse na fin de semana cos seus veciños e amigos, e para iso as entidades (galegas) cumprian unha labor fundamental. E eu, funme encariñando»,  lembra. 

Cada asociación era un anaquiño do seu pobo en territorio suramericano.

E despois de tantos anos: «eu era un galego máis!», di sorrindo.

IMG-20160819-WA0012

Agora, con 84 primaveras, Martínez ven de retirarse para deixar paso ás novas xeneracións.

Xente -di- moi preparada e que non precisa consello, pero que non dubida en consultarlle a un Martínez sempre dispoñible.

Porque logo de seis décadas «a práctica» fai moito e a desconexión absoluta non é sinxela pese a que por fin pode adicar máis tempo ás tardes de cinema coa súa muller e ós netos.

Hoxe, este galego segue paseando -case a diario- por unhas instalacións que considera como o seu fogar e onde tódolos que por alí pasan o saúdan como ese «xefe» profesional á vez que comprensivo que foi durante décadas.

Para Martínez, a xerencia xeral do Centro Galicia de Bos Aires foi unha oportunidade laboral coa que vivir pero, ao mesmo tempo, un xeito de homenaxear o amor que seus pais lle transmitiron por Galicia.

60 anos despois fai balance.

«Prácticamente estamos sempre en obras, ampliando e mellorando as instalacións» e esa é para Martínez «un proba de que as cousas se fixeron ben e de que a entidade camiña». 

 

 

 

Noutrora da man dos galegos que, empuxados por unha fonda migración, chegaban á Arxentina. E hoxe pola paixón que os descendentes de galegos poñen en manter as tradicións da súa terra: Galicia.

Deja un comentario