Paixón pola terra a ritmo de pandeireta

Son posiblemente unha das agrupacións de pandereteiras máis grandes do mundo -ou polo menos así o sinten elas-. Pero teñen varios alicientes máis: todas superan a idade de xubilación, percorren en moitos casos máis de dúas horas de camiño en transporte público para poderen acudir ós ensaios e disfrutan como raparigas en cada actuación.

Pandereteiras de Santa Comba de Xallas

Son a asociación Santa Comba de Xallas de Bos Aires. Unha das entidades da colectividade galego-arxentina de máis recente creación, xa que veu a luz no 2005, en pleno momento de expansión da economía no país austral, grazas a un grupo de xente nacida no municipio coruñés de Santa Comba -cuna da movida galega-, e aos fillos e netos de quenes emigraron hai décadas cara o continente latinoamericano.

Estandarte confeccionado por Manuel Cordeiro
Estandarte confeccionado por Manuel Cordeiro

A delas constitue una loita pola perpetuidade da súa vila na capital riopratense, logo de que nos anos 30 houbera un pequeno intento de ter un centro propio entre quenes tiveran que deixar atrás a súa Galicia natal. Lamentablemente, nunca chegou a formalizarse.

Foi coa entrada do novo milenio que comezou a latexar con forza o ánimo dos xallenses de Bos Aires por ter un proxecto común e un espazo de unión cos veciños, polo que comezaron a reunirse en diversas cafeterías porteñas. Foi o xerme desta nova entidade que chegou a ter máis de 300 socios.

Hoxe son preto dunha trintena de mulleres que se reúnen para conversar, tocar a pandeireta ou cantar, sempre amparadas por unha boa cunca de té, café ou torta ; mentres os homes -que tamén os hai- agardan xogando ás cartas ao son desta singular agrupación.

Van cumprir 11 anos cheos de actividades, de actuacións, de xuntanzas e banquetes; tamén de viaxes que lles permitiron levar o estandarte de Santa Comba de Xallas por boa parte dos teatros de Bos Aires, facer unha pequena xira pola Arxentina e, como non, visitar Galicia.

Neste grupo logramos cousas que soas nunha tiveramos feito“, asegura a presidenta da entidade, Fina Gerpe.

Ademais, co apoio da corporación municipal de Santa Comba, no 2014 lograron traer a algúns paisanos a este recuncho de galeguidade con nome propio dentro de Bos Aires.

En definitiva, más dunha década de historia que agora ven peligrar por falta de fondos.

Santa Comba de Xallas en Bos Aires

Manteñen a casa social na que ensaian, propiedade dunha parte da comisión directiva que a cede por amor ó terruño e que -tras anos de servizo- quere dar paso ás novas xeracións para que continúen co traballo comezado.

E foi moito, pois a entidade tamén quixo deixar testemuño da emigración do seu pobo cara o río da Prata nun libro: “Yo emigrante”. Unha edición creada en colaboración coa asociación “Hijos de Zas” de Bos Aires e que recolle 50 relatos de quenes viaxaran nas bodegas dos trasatlánticos durante o século pasado cargados únicamente cunha maleta chea ilusións para se asentaren na rexión austral.

Un libro contado dende o humano e dende a natualidade do cotiá e que hoxe constitue auténtica memoria e historia viva deste colectivo.

Cumplí mis 15 años en el barco ‘Cabo de Buena Esperanza’ que me trajo a Buenos Aires. Viajaba con Lino, mi hermano dos años menor que yo. Recuerdo a mi papá despidiéndonos en Vigo y la cara de mi madre cuando me despedí de ella en la eira de la casa con mucho sacrificio nos integramos totalmente a este país y a sus costumbres, al mate y los asados, pero no olvidamos los follados, las tortillas y el pulpo, seguimos hablando en gallego y les canto a mis cuatro nietos las viejas canciones que me cantaba mi abuela”.

Fragmento do libro.

Unha nutrida coral e un grupo de “baile tradicional galego da terceira idade” completan a oferta cultura e recreativa desta entidade que, pese a sentir Galicia por cada poro, ve peligrar máis ca nunca a súa continuidade.

Santa Comba de Xallas en Bos Aires

Aínda así, como bos galegos, deixarán todo nesta batalla na que loitarán, pandeireta en man, pola que consideran a súa música, as súas tradicións e, en definitiva, a súa vida.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s