¿O segredo do éxito? Caer e repoñerse

López Carballedo - Club Español Incluso aos grandes magnates do mundo é preciso humanizalos para poder comprendelos mellor.

Unha boa reflexión antes de falar de Xosé Benito López Carballedo. O seu nome sempre estivo ligado á hispanidade, o emprendemento e, por qué non, ao éxito obtido por quen soubo repoñerse das caídas.

Abandonou o seu Castroverde natal (Lugo) con só 16 anos para lanzarse á aventura latinoamericana “sen saber moi ben o destino”.

Sabíamos a onde íbamos pero non o que nos deparaba o destino“, concreta.

Chegou á Arxentina reclamado por dúas irmáns e pronto se puxo a traballar nunha coñecida fábrica de calzado. “Das mellores marcas que existían no país e que aínda existen hoxe en día”, di.

Pero logo se independizou e logrou emprender cara un sector “bastante común para os galegos” da época, un pequeno bar-almacén ante o que rápidamente se decataría que non ía ser o del.

Pero, ¿Que sería da humanidade sen errar e construir sobre o errado?

hqdefault
Cuatriciclo

Iso fixo López Carballido ó crear o seu segundo proxecto: unha empresa de lixivia “moi pequeniña” que distribuía a bordo dun cuatriciclo a pedal.

Iso, cando menos, daríalle para ir aforrando algo e mellorar o negocio.

Dito e feito. Comprou o seu primeiro camión corporativo -“un ford A modelo 29”, recorda-, para seguir crecendo e crecendo ata poñer a súa propia fábrica de deterxentes de uso industrial e comercial, e integrarse completamente na industria química “máis pesada”.

Un bo día ocurríuseme  que, como fora criado no campo, me gustaría recordar aqueles tempos. Por iso, comprei unha pequena extensión de campo -unha estancia que xa pertencera ó boxeador Ángel Filpo – e dei o salto á agricultura e gandeiría”recorda López Carballedo.

López CarballedoHoxe, a química e a gandeiría son os dous sectores con maior peso na carreira empresarial deste home que, de cativo, non o tivo fácil para achegarse á escola pero que soubo labrarse un futuro a base de traballo, horas, boa maña para os negocios e -tamén- unha pequena dose de boa sorte.

“Dedicación, perseverancia e continuidade”, eses son para este galego-arxentino os tres puntos cardináis que o guiaron dende que chegou á Arxentina, hai xa 64 anos.

Toda unha vida na que tamén pasou por momentos difíciles.

“A emigración que viñamos hai 50, 60 ou 70 anos éramos unha emigración distinta á que ven agora. Eu pasei 15 anos sen poder ter unha chamada con meus pais en Lugo porque non había teléfono e estaban nunha zona rural. Comunicabámonos por carta e numerabámolas porque demoraban ó mellor 15 ou 30 días e moitas perdíanse”, explica sobre unha situación que “hoxe quedou soamente para a historia“, pero que coma él, viviron milleiros de galegos expatriados.

Moitos sen ter endexamais a oportunidade de voltar á terra que os viu nacer.

220px-Club_Español_(Witcomb)
Fachada antiga do Clube Español

“Un calvario” -asegura- pois aínda que él tivo máis sorte,  “os peores traballos eran sempre para os emigrantes, sobretodo galegos”.

E conta unha anécdora: A dun panadeiro que rexeitou comprar unha máquina para amasar o pan namentres viñeran galegos ó país austral.

López Carballido estivo tamén moi vinculado á colectividade galega e española da diáspora durante todo este tempo.

Primeiro na Federación de Sociedades Galegas, despois no Centro Lucense -agora chamado Galicia– e hoxe estou acá, conducindo o Clube Español“, a institución máis antiga fora de España con 164 anos de historia -nada máis e nada menos- seguida polo Centro Galego de La Habana.

Dirixiu tamén o Hospital Español e o Clube Deportivo Español. Anos e anos adicados ós centros da colectividade que lle permiten ver o panorama que atravesan moitas destas institucións.

O empresario teno claro: “Hai moitos centros e nalgúns é moi difícil chegar a armar unha comisión directiva porque ninguén quere deixar o seu posto nin fusionarse con ninguén”, e iso, a curto prazo “ten pouco futuro”. 

Pese a todo, hoxe dille ós novos migrantes que -para él- veñen “un pouco á aventura”, que “todo aquel que teña posibilidade no seu país, non a deixe”. Non por rancor a unha terra que llo deu todo coma Arxentina, se non porque, logo, co paso do tempo “non sabes se eres de aló ou de acó”.

Sentimento compartido por quenes fixeron as maletas hai anos na busca de novas oportunidades e non voltaron.

Os galegos somos un pouco especiales porque aínda mantemos en pé a cultura do traballo que hoxe en día se perdeu en moitas partes do mundo“, confesa.

paxariño novo
Paxariño Novo

E fala ben, porque eses “principios” seguen a latexar no sentir dos porteños cando pensan na emigración galega.

O froito do seu traballo pódese ver tamén no ceo, co seu “paxariño novo”, o jet privado que comanda este galego-arxentino que admite que a vida lle “ten dado moito”, pero que tamén ten moi claro que pese a ser amigo de grandes figuras do poder, conseguiu ascender ata onde está só co seu esforzo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s