A política por diante

Un home claro e sen pelos na lingua, combativo, que cree na pluralidade pese as súas fortes conviccións políticas pero que, ama -por enriba de todo- Galicia e Arxentina a partes iguais.

Así é Francisco Lores Mascato, Paco Lores para os de sempre. Referente da colectividade galega de Bos Aires e actual presidente da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina e do Museo da Emigración Galega, tamén no país austral.

A “gheada” e o “seseo” aínda delatan as súas orixes grovenses (Pontevedra), onde naceu aló por 1934 e onde tamén viviu a súa infancia, rodeado dos tangos cantados polas mulleres que traballaban na fábrica de conservas “El Marino”, propiedade dun tío seu. Ese sería o seu primeiro contacto coa cultura arxentina.

Canten, canten -dicía a encargada- porque a xente pasaba moita fame. Era xusto despois da Guerra Civil Española (1936-1939) e cantaban para enganar ó estómago co rico arrecendo do bonito estofado, rememora.

Aínda hoxe recorda o saboroso daquel manxar que súa nai lle daba -medio ás agochadas-, mentres paseaba pola nave da conserveira.

Vivíamos ben. Non eramos millonarios pero vivíamos tranquilos, asegura Lores.

Paco Lores - Maxín Galaico - MEGAPero o confort dos negocios e o capital da súa familia non foron suficientes para calmar o seu espírito aventureiro deste home, que motivado polas historias de  Martín, un amigo da infancia que xa collera rumbo ó Novo Mundo tempo antes; e por suposto,  polo amor ó tango, decidiu cruzar o  Atlántico e instalarse no río da Prata.

Chegou a Bos Aires en pleno velorio de Evita, emblema do peronismo que aínda hoxe levanta paixóns nun país especialmente politizado como a Arxentina. Era agosto de 1952 e, nada máis desembarcar do buque “Entre Ríos”, a capital do ritmo do 2×4 pareceulle “gris” e “triste”.

“Vin a ver que pasaba e quedeime acá”, recorda este galego que tiña claro que se non se acostumaba á nova vida se volvía a Galicia. Pero endexamais o fixo, polo menos coa intención de quedar aló.

Pronto comezou a traballar no que aparecía. Primeiro de fontaneiro, logo cunha pequena fundición propia, e así ata se ir asentando nun país alleo que o recibiu cos brazos abertos e que o foi curtindo e moldeando ata convertelo no Paco Lores de hoxe.

7353-federacion-asociaciones-galegasA Federación de Sociedades Galegas da Arxentina é como a súa casa.

A primeira vez que a visitou fíxoo acompañado dun amigo e non sabía nin o que era unha asamblea, asegura. Pero o fervor e o “talento” do debate de quenes a integraban cativárono de tal xeito que sería o comezo dalgo moito máis profundo.

Ahí arrancou a súa carreira como militante: primeiro no Partido Comunista (PC), logo na UPG e no Bloque Nacionalista Galego e, actualmente, en Anova.

“Vannos levar a todos presos”, dicía polo baixo durante as súas primeiras xornadas como ouvinte, acostumado á complexa situación política da súa querida patria.

De cando en cando, “se atacaban moito a España“, logo lle brotaba un pequeno sentimento de compaixón.

“Vos sufrís de españolismo”, espetábanlle os compañeiros.

Pero o tempo todo o cura e pronto o PC quedaría corto para os anhelos de Lores e os seus camaradas. Este sería o detonante para a fundación da UPG (Unión do Povo Galego).

A figura de Lores está íntimamente ligada á da Federación. Co seu estandarte protagonizou diversas manifestacións en puntos estratéxicos do centro de Bos Aires, pediu polas pensións non contributivas dos galegos da diáspora ó Goberno español, por un voto emigrante con garantías, e posicionouse como demandante contra o I Corpo do Exército Arxentino pola desaparición de numerosos galegos durante a última ditadura militar no país austral (1976-1983).

“Do máis orgulloso que estou (na miña vida) é de haber salvado á Federación de Sociedades Gallegas duns delincuentes que se querían quedar con ela”, declara este home de temperamento forte e risa lixeira.

Lores-Garzon03_optimizedMuseo da Emigración Galega da Arxentina (MEGA) que alberga documentos e obxetos ligados á fluctuación de galegos cara latinoamérica é outro dos méritos da súa xestión. Pouco despois incorporaría a Biblioteca Galega de Bos Aires “Antonio Pérez-Prado”, onde moitos investigadores dun e outro  lado do océano buscan información entre o seu valioso fondo sobre a emigración, a causa republicana e a Guerra Civil Española.

A súa implicación non cesa pese a contar xa 82 anos. Agora ten entre mans un novo proxecto xunto ó presidente do Centro Galicia de Bos Aires, Xosé María Vila Alén: dixitalizar todo o arquivo e material das catro grandes entidades provinciais.

As vivenzas son interminables e as anécdotas con personaxes ilustres de tódalas nacionalidades tamén: foi amigo do poeta Arturo Cuadrado Moure, os escritores Lorenzo Varela ou Manuel Rivas, e artistas como Luis Seoane, entre outros.

Lores xáctase de dirixir un organismo que se autofinanza e que mantén intactos os mesmos principios fundacionais: “a loita pola dignidade do home, polos dereitos humanos e pola liberdade dos pobos”. Un ente que non lle pecha as portas a ninguén pois, pese ó seu espírito combativo e 100% político que aínda hoxe mantén como militante de Anova, este grovense defínese como “pluralista“.

Ben certo é que se reúne con uns e outros, a todos lle di o que pensa e con todos é capaz de ter unha distendida conversa, sexa cal sexa o signo político.

Iso si, ten claro que a cultura galega da Arxentina debe salvagardarse no país austral “porque acá hai dez mil galego-arxentinos, hai unha cultura arraigada no país, somos parte do país, somos a etnia máis grande que hai“, recorda como se dun discurso político fronte á oposición se tratase.

Temos dereito a que quede acá o material. Se non, ¿Que lle diremos ós nosos?“, recalca pensando nos seus tres netos, todos eles galego falantes, gaiteiros aventaxados e namorados de Galicia.

Paco Lores na Federación de Sociedades Galegas da ArxentinaTodos o respetan “por non cambiar nunca”, di.

Que non ten pelos na lingua queda claro tamén en cada intervención que fai no programa radiofónico da Federación – Galiza Emigrante–  no que participa semanalmente e onde – se é preciso- non deixa monicreque con cabeza.

Pero a Institución vai máis aló del e hai novas xeracións aprendendo xunto ao gran mestre para seguir co traballo iniciado fai décadas.

¿Sobre os premios? “Merecereinos”, di. Polo de agora xa ten recibido, entre outros, o premio como Galego do Ano pola súa defensa da cultura galega e os anos traballados a prol da colectividade galega na considerada como quinta provincia.

“De non ter vido para a Arxentina xa estaría morto”, confesa contundente quen xa ten un lugar privilexiado na historia galega da diáspora.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s