De “Turista” a “Business” vendendo paraugas

Os primeiros pasos como empresario de Elías.
Os primeiros pasos como empresario de Elías.

Elías Fernández é un dos tantos e tantos galegos a quen a vida, por unha ou outra razón, levou a Bos Aires.

Deixou o seu querido Pereiro de Aguiar (Ourense) con 18 anos e desembarcou no porto riopratense un 16 de xaneiro de 1950, o ano do libertador José de San Martín, un dos próceres arxentinos por antonomasia.

No seu caso non escapaba tanto da fame, senon do servizo militar, e a carta de chamada dun tío foi a excusa perfecta para evitalo suplicio.

“¿Eu teño que ir ahí?

¡Non!”, conta.

Lamentablemente, seu tio non viviu para velo pisar terra arxentina pois falecera só uns dias antes. Iso si, a familia acolleuno coma un fillo.

Elías Fernández - galegos ilustresComa moitos inmigrantes da época, viviu nun conventillo durante un tempo, unha especie de colorida e colectiva vivenda urbana na que di que, ao igual que acontece en Galicia, “nunca se pechou a porta”.

Pero o seu era o traballo, e pronto se empregou na Papelera Arxentina. Adicoulle 5 anos da súa vida, aínda que as ansias por casar e ter familia logo o levaron a querer máis da terra que o acollía para poder vivir en carne propia o soño americano.

Así se cruzaron os paraugas no seu camiño.

Ao igual que fixera o seu tío, comezou vendendo este imprescindible obxecto nos días de choiva polas rúas de Bos Aires, de xeito ambulante, e ao berro de “Paraugueiro! Paraugueiro!” atraía á clientela.

Recorda incluso como un loro repetía -de cando en cando- a súa cantinela e tamén as longas camiñatas que o levaban a cruzar as fronteiras da capital do tango e a mesturarse coa poboación doutras cidades da provincia.

Elaboración de paraugas
Elaboración de paraugas

Este sería o inicio dunha empresa familiar que cobraría forma física en 1957 e que, dende entón, segue a confeccionar e reparar paraugas para os porteños. Moitos deles galegos, por suposto.

Precisamente o galego, neste caso a lingua, segue sen tacha no seu maxín. Conserva incluso a pronuncia característica dos ourensáns, pese ao tempo que leva vivindo no país austral.

Confésase un namorado da súa terra e, como membro activo da colectividade galega na capital do río da prata, foi presiden do Centro Gallego (1998-2002) e vicepresidente do Centro Galicia por un breve periodo de tempo (1986-1988). Na institución de referencia dos galegos de Bos Aires reúnese cada tarde cos seus compatriotas para botar unhas partidas ás cartas e departir sobre o tema da xornada, ver algún partido de fútbol ou o que se tercie.

No deporte estrea declárase siareiro do San Lorenzo arxentino, pero tamén do Celta de Vigo.

“Ou eres de San Lorenzo ou marchas. E cartos para marchar non tiña, asíque…”, bromea.

Artesán traballandoO seu taller soubo superar os altibaixos dunha economía cambiante como a da Arxentina e consolidarse no tempo, posiblemente por respetar un dos valores galegos por excelencia: as cousas se se fan, fanse ben.

E con calidade, coidado e devoción. Tamén a golpe de proba e erro, rompendo moitos paraugas e incluso “inventando” algunha que outra artistada, o establecemento foi perdurando e logrou consolidarse como un referente. Nunha época, aseguran, lograron pasar de viaxar en avión en clase “turista” a poder moverse en “businness”, bromean coa típica retranca da terra.

“Aquí é mala sorte se non abres o paraugas. Se non o abres, non o vendes”, asegura este artesán sen deixar lugar ós mitos nin crenzas.

Parauguería Víctor

Diploma
Diploma

A Parauguería Víctor, ubicada na coñecida avenida Independencia da capital riopratense, é tamén un referente para os propios arxentinos.

Direción Xeral de Museos do Ministerio de Cultura de Bos Aires brindoulle no 2010 o recoñecemento de “Testemuña viva da memoria cidadá” por ser un dos poucos establecementos deste tipo que existen na capital e por ter conservado o seu espírito orixinal.

E os medios locais tampouco deixan de homenaxelo ao longo do tempo con notas plasmadas dende diversos enfoques: a importancia da personaxea loita contra o “made in China”,  a compostura como oficio en extinción e un longo etcétera.

“Facémolo traballo con toda conciencia para que a xente se vaia conforme”, explica un home que agarda -con humildade- que o recorden por ter feito as cousas ben.

Paraugas para mascotas
Paraugas para mascotas

O certo é que máis de 60 anos despois, o establecemento continúa a pleno rendemento e incluso innovando -si, nisto dos paraugas tamén se pode innovar- con curiosos artiluxios para mascotas, que agora están cada vez máis de moda.

Ós seus 84 anos, Elías xa hai tempo que lle deu o relevo ó seu fillo e, aínda que non ten netos, non ve peligrar un oficio do que xa quedan poucos mestres, especialmente cando máis do 90% dos paraugas son feitos na China para rebaixar os custes.

Obradoiro de Elías Fernández
Obradoiro de Elías Fernández

Un dos seus empregados, case un membro máis da familia, non perde detalle para conseguir empaparse de tódolos segredos dunha profesión en extinción na que se sinte moi cómodo.

A continuidade está, polo tanto, garantida.

Anuncios

One response to “De “Turista” a “Business” vendendo paraugas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s